Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/bandadevalga0/www/wp-includes/functions.php on line 6114
Escola - Banda de Música Municipal de Valga

Escola de Música
Municipal de Valga

A escola

Os alumnos

As clases e actividades

Escola de Música de Valga

Está formada por máis de 20 mestres que atenden a formación de preto de 200 alumnos que estudan seguindo unha das matrículas máis completas que existen neste tipo de centros.

Comezamos dende a base, cunha actividade pioneira de Iniciación Musical e Música para Bebés de 0 a 2 anos. A educación musical temperá ten como obxectivo o descubrimento e desenvolvemento das capacidades sensoriais e psicomotoras do neno/a.

Os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos, colectivo que supón xa máis do 25% do alumnado e sigue medrando nestes últimos anos, asisten a clases de Música e Movemento onde se divirten e aprenden música bailando, cantando e tocando pequenos instrumentos.

Dende os 8 anos o alumnado traballa o ritmo musical, a entoación e a teoría dentro da materia de Linguaxe Musical á vez que comeza o estudo dun instrumento, que poden escoller dentro da gran oferta actual.

Esta formación compleméntase coa oferta de numerosas materias: Historia da Música, Harmonía, Improvisación, Combo, Piano complementario… que garanten a mellor formación posible para todas aquelas persoas que desexan instruírse musicalmente.

Escola Banda de Valga
Escola Banda de Valga

O alumnado

O alumnado da Escola de Música participa nas diferentes agrupacións: grupos de vento metal, grupos de vento madeira, grupo de percusión… pero en especial na Banda Infantil, na Orquestra Peque e na Xove Banda, as cales supoñen os pasos previos antes de entrar a formar parte da Banda de Música Municipal de Valga e da Orquestra Clásica.

Ademais, para aquelas persoas que teñan inquedanzas noutros eidos musicais coma o jazz, a Escola conta coa Big Band.

Clases

$

Iniciación Musical e música para bebés.

De 0 a 2 anos.

$

Música e Movemento.

De 3 a 7 anos.

$

Linguaxe Musical.

– Ritmo.
– Entoación.
– Teoría musical.

$

Instrumentos.

– Frauta.
– Óboe.
– Fagot.
– Clarinete.
– Saxofón.
– Trompeta.
– Trompa.
– Trombón.
– Bombardino.
– Tuba.
– Violín.
– Viola.
– Violoncello.
– Contrabaixo.
– Percusión.
– Piano.
– Acordeón.
– Guitarra.
– Canto.

Outros:

– Gaita galega.
– Percusión tradicional.
– Danza, movemento e expresión corporal.
– Formación musical para adultos.

Actividades

$

Concertos durante todo o curso.

$

Concertos didácticos.

$

Saídas culturais e didácticas.

$

Campamentos de verán.

Fantástica experiencia formativa con 12 edicións xa celebradas onde os alumnos de instrumento viven a música intensamente durante algo máis dunha semana á vez que estreitan lazos de amizade e coñecen outros lugares.

$

Preparación para as probas de ingreso no Conservatorio de Grao Profesional.

A cal conta na actualidade cun 100% de aprobados.

Escríbenos

New Field

4 + 13 =

Responsable do tratamento: Asociación Cultural Musival. Finalidades: Xestión das consultas recibidas dende a web. Lexitimación: O interese lexítimo de ambas partes. Destinatarios: Non se efectuará comunicación a outras entidades, salvo obriga ou necesidade legal. Tampouco transferencias a terceiros que non ofrecen garantías adecuadas. Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos e outros dereitos, como se explica na política de privacidade. Procedencia dos datos: Do interesado.