Contáctanos para
o teu próximo evento

Escola de música

De setembro a xuño

Unha completa batería de profesionais para impartir o máis completo e didáctico dos programas formativos en música, cunha ampla oferta de actividades e instrumentos a escoller.

Dende:

18€ MES

Campamentos de verán

Xullo e agosto

Un completo programa de convivencia e formación que se converte nunha experiencia moi satisfactoria de encontro, diversión, coñecemento e interacción, desenvolvendo aptitudes humanas e emocionais relacionadas coa música.

Dende:

120€

Preparación individual

Durante todo o ano

Poñemos en contacto ás persoas interesadas en aprender música e prepararse para exames de acceso, graduación ou titulación cos mellores profesionais na formación musical.

Amplitude de horarios e adaptabilidade.

Dende:

50€ MES

Música para eventos

Durante todo o ano

Pon banda sonora aos eventos máis especiais da túa vida. Imaxina un cuarteto de violíns na túa voda, unha pianista e unha cantante lírica na túa graduación, un flautista no bautizo da túa filla.

Poñemos á túa disposición músicos e músicas de todos os estilos: clásico, jazz, blues, soul, rock e mesmo música tradicional ou popular. Nin imaxinas o asequible que sería levar a toda a banda! Menudo puntazo. Verdade? Pénsao!

Dende:

140€

Bandas sonoras

Durante todo o ano

Poñemos á túa disposición os máis incríbeis compositores e compositoras de cara a poñer banda sonora musical orixinal a calquera das túas necesidades: documentais, reportaxes, realizacións audiovisuais, videoxogos ou composicións á medida de todo tipo de artistas musicais.

Dinos o que precisas e escolleremos o compositor ou compositora que mellor se axeite ao teu estilo!

Dende:

Consultar

Dianas e pasarrúas

Durante todo o ano

Unha das modalidades para dinamizar todo tipo de festas e de encontros é contar coa nosa participación en formato “Diana e Pasarrúas”, ideal para as festas patronais, festas parroquiais, procesións ou eventos relixiosos. Existen diferentes posibilidades de contratación en función dos músicos e músicasas a desprazar, duración do pasarrúas e intervencións a realizar. Se o precisas, ata podemos poñerte os cabezudos!

Dende:

900€

Concertos e espectáculos

Durante todo o ano

Creamos proxectos orixinais con ideas únicas e innovadoras sumando os mellores talentos musicais e escénicos do momento e creando experiencias sensoriais que se fixan nas retinas dos nosos espectadores.

Dende concertos coa Orquestra Clásica a grandes concertos temáticos coa Banda de Música Municipal de Valga. Non te perdas as nosas grandes montaxes nas que integramos multitude de disciplinas escénicas.

Dende:

1200€

Consultoría musical

Durante todo o ano

Precisas músicos e músicas profesionais para o teu proxecto musical?

Queres informarte sobre cal é o mellor estudo para gravar, o proceso, a mestura, a edición, masterización, produción, lanzamento, distribución ou comunicación?Precisas asesorarte en subvencións? Precisas de alguén che leve o papeleo?

Podemos estudar o teu caso e asesorarte en todo o apaixoante proceso musical, optimizar o investimento dos teus recursos e acadar os mellores resultados.

Dende:

Consultar

Música á carta

Durante todo o ano

Sempre soñaches con que un grupo de músicos e músicas ao vivo te sorprenda nalgún momento especial da tua vida coa túa peza favorita ou emotivamente máis especial? Gustaríache que fixeramos unha versión clásica/ jazz/ swing/ rock/ tradicional dalgún dos teus temas de cabeceira?

Para ti mesmo ou como agasallo para alguén moi especial, consúltanos os termos e condicións.

Dende:

Consultar

Banda de Música Municipal de Valga

Escríbenos

New Field

6 + 6 =

Responsable do tratamento: Asociación Cultural Musival. Finalidades: Xestión das consultas recibidas dende a web. Lexitimación: O interese lexítimo de ambas partes. Destinatarios: Non se efectuará comunicación a outras entidades, salvo obriga ou necesidade legal. Tampouco transferencias a terceiros que non ofrecen garantías adecuadas. Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos e outros dereitos, como se explica na política de privacidade. Procedencia dos datos: Do interesado.