Facendo confluír o talento musical dende 1996

Escola, Orquestra de Cámara, Xove Banda, Big Band e Banda de Música Municipal de Valga.

Sobre nós

Forte, dinámica e en continua expansión

Así é a realidade musical que dende 1996 latexa no corazón de Galicia, en Valga (Pontevedra), no cruce entre o Camiño Atlántico e o Portugués.

En marcha, en movemento, como o propio ritmo musical. Facendo confluír talento, profesionalidade, paixón polo ensino e sobre todo pola música, levamos formando a varias xeracións de músicos e músicas e sendo un referente musical tanto en Galicia como alén das nosas fronteiras.

Con sede no Auditorio Municipal, aglutinamos diversas estruturas paralelas como a Escola Municipal de Música, Orquestra de Cámara, Xove Banda, Big Band, Banda de Música Municipal de Valga e Centro Superior de Música CSM de Galicia.

Facemos confluír os máis grandes talentos musicais a nivel nacional e internacional, e somos o epicentro dunha constelación de artistas da música, a danza ou as artes escénicas na creación de proxectos paralelos.

Nin imaxinas o que está a acontecer en Valga!

Banda de Música Municipal de Valga

Banda de Música de Valga

Orquestra Clásica

Orquestra de Cámara de Valga

Servizos

Música para eventos

Durante todo o ano

Pon banda sonora aos eventos máis especiais da túa vida. Imaxina un cuarteto de violíns na túa voda, unha pianista e unha cantante lírica na túa graduación, un flautista no bautizo da túa filla.

Preparación individual

Durante todo o ano

Poñemos en contacto ás persoas interesadas en aprender música e prepararse para exames de acceso, graduación ou titulación cos mellores profesionais na formación musical. Amplitude de horarios e adaptabilidade.

Dianas e pasarrúas

Durante todo o ano

Unha das modalidades para dinamizar todo tipo de festas e de encontros é contar coa nosa participación en formato “Diana e Pasarrúas”, ideal para as festas patronais, festas parroquiais, procesións ou eventos relixiosos. 

Concertos e espectáculos

Durante todo o ano

Creamos proxectos orixinais con ideas únicas e innovadoras, sumando os mellores talentos musicais e escénicos do momento e creando experiencias sensoriais que se fixan nas retinas dos nosos espectadores.

CONTACTA

Dirección

Auditorio Municipal
Rúa Ferreirós, 1 A – CORDEIRO
36645 Valga (Pontevedra)

E-mail

esmudevalga@gmail.com

Teléfono

986 55 67 69 – 609 91 83 25

Séguenos

Escríbenos

New Field

3 + 10 =

Responsable do tratamento: Asociación Cultural Musival. Finalidades: Xestión das consultas recibidas dende a web. Lexitimación: O interese lexítimo de ambas partes. Destinatarios: Non se efectuará comunicación a outras entidades, salvo obriga ou necesidade legal. Tampouco transferencias a terceiros que non ofrecen garantías adecuadas. Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos e outros dereitos, como se explica na política de privacidade. Procedencia dos datos: Do interesado.