Xove Banda
de Valga

A Xove Banda constituíu a primeira canteira da Banda de Música Municipal e data a súa orixe no curso 2002/03, cando na aula de conxunto instrumental comezan as clases colectivas da mocidade da Escola.

O principal obxectivo desta agrupación é a formación dos futuros músicos da Banda de Música Municipal de Valga así como ampliar as actividades colectivas da Escola de Música.

Xove Banda de Valga
Logo Xove Banda de Valga

Co paso do tempo, esta banda xuvenil foi acumulando unha gran cantidade de músicos de idades moi diversas, de aí que se crease a Banda Infantil no curso 2010/11.

Será a partir deste ano cando a agrupación recolla soamente alumnado cuns anos de estudo instrumental, mellorando así a súa formación.

Na actualidade, este colectivo serve como ponte e nel fórmanse tanto músicos e músicas que aínda tocan na Banda Infantil como outras persoas que combinan a súa participación na Banda de Música de Valga xunto con esta Xove Banda.

Os seus compoñentes, arredor de 50, traballan un repertorio adaptado ás súas posibilidades e, a pesar da xuventude dos mesmos, xa realizaron numerosos concertos tanto en Valga como fora, por exemplo en festivais en Meis, Silleda, Ribadumia, Moraña, Ponteledesma, Santa Cruz de Ribadulla, Cabral e Marín.

Tamén foron organizados os campamentos de verán dos anos 2017, 2018 e 2019 para os músicos da Xove Banda de Valga, de xeito que durante unha semana se preparou un repertorio específico para ser interpretado nun concerto de fin de campamento que tivo lugar durante as festas da cidade portuguesa de Bragança en 2017; nas Festas Gualterianas da cidade de Gimarães en 2018 ou na vila de Alba de Tormes (Salamanca) nun concerto celebrado xunto á Banda de Alba de Tormes e ante varios miles de persoas. No ano 2021 levouse a cabo un concerto en Astorga, xunto coa Banda de Astorga, no Atrio da Catedral de Astorga. 

Xove Banda

Actividades

A Xove Banda participou nas actividades organizadas pola Federación Galega de Bandas de Música, concretamente no I, II e IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís (anos 2016, 2018 e 2019) celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Ademais, é meritoria a obtención do premio á mellor interpretación dunha obra galega na sección Terceira do XI Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela no ano 2017. A Banda conseguiuno grazas á interpretación da obra “O demo de Carboeiro” do músico galego Manuel Blanco Dosil e baixo a dirección de Pedro José Torres Diz.

Na actualidade, a Xove Banda de Valga segue a traballar na formación de músicos para a Banda de Valga e ten a Manuel Villar Touceda como director.

Xove Banda

Escríbenos

New Field

9 + 5 =

Responsable do tratamento: Asociación Cultural Musival. Finalidades: Xestión das consultas recibidas dende a web. Lexitimación: O interese lexítimo de ambas partes. Destinatarios: Non se efectuará comunicación a outras entidades, salvo obriga ou necesidade legal. Tampouco transferencias a terceiros que non ofrecen garantías adecuadas. Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos e outros dereitos, como se explica na política de privacidade. Procedencia dos datos: Do interesado.